Benvido!No noso blog poderás encontrar numerosas noticias actuais no ambito da psicoloxía.Adiante! :)

Retroactividade.

Encontrei unha noticia interesante sobre un experimento feito a algunhas persoas para ver o tempo e modo de reacción ante unhas imaxes. O experimento era o seguinte:

A uns"coballas" ensinábanselles fotos agradables e outras desagradables; e pedíaselles que as cualificasen como positivas ou negativas. Nada máis ensinarlles cada unha, inseríase durante milisegundos unha palabra positiva ou negativa (unhas concordaban coa "postividad" ou "negatividad" da foto, e outras non). Os voluntarios tardaban menos en dar a resposta (a que fose) cando a palabra e a foto eran do mesmo signo que cando non concordaban.
Na versión clásica do experimento, mostrábanlles a palabra antes que a foto; aquí, os participantes tamén contestaban máis rápido cando a foto e a súa palabra coincidían.