Benvido!No noso blog poderás encontrar numerosas noticias actuais no ambito da psicoloxía.Adiante! :)

A parte do cerebro que percibe a beleza na arte.

A beleza pode ser un concepto moi abstracto, dado que unha música, un cadro ou unha obra literaria, poden posuíla ou non dependendo da valoración de cada persoa. Sen embargo,a beleza é algo ben tanxible no cerebro humano, e agora logrouse confirmar que certa rexión cerebral está encargada de detectala na pintura e na música.

Esa rexión, localizada na parte frontal do cerebro,"encéndese" cando percibimos beleza nunha obra de arte ou nun pasaxe musical, segundo unha nova investigación. Esto suxire que unha característica importante que teñen en común tódalas obras de arte ten capacidade de xerar actividade na mesma rexión do cerebro.

A cuestión de se hai características que fan que un obxecto sexa belo foi moi debatida durante miles de anos por artistas e filósofos do arte, pero sen chegar a unha conclusión satisfactoria. Tamén foi así coa cuestión de se temos un sentido abstracto da beleza, é dicir, unha clase de percepción subxectiva que desperta en distintas persoas a mesma potente experiencia emocional independentemente de si seu orixen é, por exemplo, musical ou visual.



Tal como razoa Semir Zeki, era preciso que a neurobioloxía se ocupase de responder estas preguntas fundamentais.

21 voluntarios con diferentes oríxenes culturais e étnicos calificaron unha serie de pinturas ou pasaxes musicais en tres categorías: obras belas, obras feas e obras que se deixaban indiferentes (nin belas nin feas).
Logo, viron estas pinturas ou escoitaron esas pasaxes musicais novamente mentres se lles facía unha resonancia magnética funcional por imaxes (FMRI), a cal mide a actividade no cerebro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario