Benvido!No noso blog poderás encontrar numerosas noticias actuais no ambito da psicoloxía.Adiante! :)

Superación. A fotógrafa invidente.

Amy Hildebrand é unha fotógrafa estadounidense que padece albinismo dende o seu nacemento, o que provocou que perdese a vista dende moi pequena. Os médicos aseguraron que a súa cegueira era irreversible, pero os seus pais non se resignaron e enrolaron a súa filla nun ensaio clínico. Grazas ao implante dunhas lentes de contacto especiais e algunha que outra operación, aos oito meses era capaz de distinguir sombras, formas e cores. Amy cumpriu os 15 anos intentando levar unha vida norma. Por entón era capaz de estudar como unha nena máis grazas á axuda dunha lousa branca e un profesor asistente. Foi naquela época na que descubriu de forma casual a súa verdadeira vocación: a fotografía. Un día estaba na praia cos seus pais e colleu unha cámara para facer unhas fotos ao seu irmán pequeno. Así que malia todas as súas limitacións decidiu estudar fotografía. Como sempre acontece nestes casos, encontrou moita xente no seu camiño suxeríndoo que se toparía con barreiras imposibles de superar, entre eles algúns profesores de escolas de fotografía que se resistiron a aceptar o seu ingreso. É difícil explicar como funciona a vista de Amy. Todo se basea en que só é capaz de recoñecer cousas que están a 20 centímetros da súa vista, e utiliza a súa memoria visual para reconstruír a realidade que non é capaz de captar cos ollos. Quizais este proceso mental sexa a causa da atmosfera e a luz que plasma as súas fotos. Unha verdadeira lección que nos ensina que todo pode conseguirse. Cando moitos de nós suspiramos por un equipo mellor, hai persoas que logran grandes cousas con barreiras moito máis grandes. Historias como estas son cada vez máis complicadas de encontrar nunha sociedade tan sumida no pesimismo e o conformismo, así que benvida sexa.

Herdanzas psicolóxicas e emocionales

Temores, formas de expresar sentimentos e emocións, formas de tomar decisións e moitas condutas que ás veces, son herdadas de forma inconsciente e outras veces de forma consciente. Moitas das formas de condutas herdadas que adquirimos dos nosos pais; herdámolas de xeito voluntario ou involuntario. Estes patróns de condutas, aprendémolos por imitación de modelos, presentados polos nosos pais, familiares e demais achegados ao ámbito onde nos desenvolvemos cando somos nenos. Podemos aprender por acatar ordes, consellos e suxestións dos nosos pais acerca de como consideran eles, qe debemos facer as cousas, pero tamén podemos aprender con simplemente ver os nosos pais, como resolven eles os seus asuntos, persoais, e dependendo de como vemos que eles resolven as situacións que se lle presenten, así aprendemos a actuar e a interactuar co mundo que nos rodea.