Benvido!No noso blog poderás encontrar numerosas noticias actuais no ambito da psicoloxía.Adiante! :)

Herdanzas psicolóxicas e emocionales

Temores, formas de expresar sentimentos e emocións, formas de tomar decisións e moitas condutas que ás veces, son herdadas de forma inconsciente e outras veces de forma consciente. Moitas das formas de condutas herdadas que adquirimos dos nosos pais; herdámolas de xeito voluntario ou involuntario. Estes patróns de condutas, aprendémolos por imitación de modelos, presentados polos nosos pais, familiares e demais achegados ao ámbito onde nos desenvolvemos cando somos nenos. Podemos aprender por acatar ordes, consellos e suxestións dos nosos pais acerca de como consideran eles, qe debemos facer as cousas, pero tamén podemos aprender con simplemente ver os nosos pais, como resolven eles os seus asuntos, persoais, e dependendo de como vemos que eles resolven as situacións que se lle presenten, así aprendemos a actuar e a interactuar co mundo que nos rodea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario