Mark Blagorve, psicólogo da Universidade de Swansea e especialista en soños e estados de consciencia, dános as claves para dirixir os nosos soños: "O primeiro é preguntarnos cando estamos conscientes: estou esperto ou estou a soñar? Co tempo, e despois dalgunhas semanas deste adestramento, poderasche facer esta pregunta en soños. Ao principio dirás que estás esperto, que é a resposta equivocada, pero outras veces darasche conta de que é un soño, e nese momento quizá poidas controlar o argumento. Os soños lúcidos ás veces ocorren de modo espontáneo, e outras só a partir de que a persoa sabe que é posible ter este tipo de fantasías".
No hay comentarios:
Publicar un comentario